martes, 4 de marzo de 2014

Emilia Docet: De “Miss España” a militante do Partido Galeguista.


O 24 de Abril do ano 2013 un artigo do Faro de Vigo afirmaba que Emilia Docet (1915-1995), a famosa miss España que se converteu no símbolo público do galeguismo dos anos 30, non tiña apenas relación co mundo organizado do galeguismo. No xornal vigués publicábanse unhas declaracións da familia de Emilia Docet:

Emilia Docet na popular revista Estampa
"El ambiente de los nacionalistas de Vilagarcía le agradó mucho por el tono intelectual e idealista de sus conversaciones, que contrastaba con el ambiente que había vivido antes en Vigo y especialmente el que había tenido que pasar durante los concursos de belleza, a los que había sido empujada por una parte de su familia, pero para Emilia Docet el galleguismo fue algo circunstancial y, su actuación en el histórico mítin de As Arengas en 1934, una casualidad". La familia de Emilia Docet ha roto el silencio mantenido durante años en torno a la que, en 1933, fue elegida Miss España para, en palabras de su portavoz e hijo, Francisco Novoa Docet, desmentir las tergiversaciones que se han hecho de la imagen de su madre y, muy especialmente, aquellas que atañen a los calificativos de "musa del galleguismo" o "musa de los republicanos gallegos", calificativos que, sostiene, no se ajustan para nada a la realidad. "Que mi madre simpatizó con algunos galleguistas es cierto, pero nunca militó en ese partido ni se dedicó a hacer campaña electoral". Y es que a los 17 años, no era precisamente la política el tema que mayormente ocupaba y preocupaba a aquella bella mujer.
Emilia Docet recibida por autoridades en Vilagarcía
Lo que se ha pretendido "vender" como afinidad de Emilia Docet con los galleguistas surge, según las fuentes que informan a FARO DE VIGO, de que, tras ser elegida miss España, pasó una temporada en Vilagarcía en la casa de una prima lejana suya que estaba casada con el médico galleguista Xosé Núñez Búa, quien seguramente le presentó a algunas de las personaliades más representativas del partido y fue el artífice de que Docet estuviese en actos como aquel mítin de As Arengas.Pero de ahí no pasó la relación de Emilia con el galleguismo, se insiste desde la familia.

No momento de ser coroada como Miss Galicia e co escudo galego na banda.
Agora podemos dicir que o afirmado no xornal vigués é inexacto. Cinco días despois da publicación no Faro de Vigo, Diego Giráldez publicaba un artigo en Praza Pública que se baseaba principalmente nas informacións de “El Pueblo Gallego”, e que desmentía rotundamente as afirmacións desgaleguizadoras da familia Docet:
Homenaxe no Hotel Miño de Ourense o 16 de Xuño de 1933
Para unha entrevista en El Pueblo Gallego do 3 de xuño de 1933 a recén elixida Miss España, a viguesa Emilia Docet (1915-1995), recibe ao xornalista na súa casa. Segundo describe o autor da reportaxe, ábrelle a porta a súa irmá, María Luisa. Cando Emilia irrompe no salón, loce no seu peito unha insignia de ouro do Partido Galeguista (PG). “Regalouma o Partido porque son afiliada. Eu vería con inmensa satisfacción que todas as mulleres de Galicia a levaran, coma min, no seu peito”. De seguido, o xornalista recolle como remata Emilia esta conversa: “A maior alegría da miña vida será o día no que á nosa terra se lle conceda o seu Estatuto”.
Emilia, a muller de “democrático carácter” -tal e como a definía un xornalista na páxina de información municipal de El Pueblo Gallego do 3 de marzo de 1933- cooperou activamente: o mesmo xornal recolle máis adiante, por exemplo, a visita que Emilia fai ao ministro de Agricultura para pedirlle que o goberno levantara o embargo a 7.000 familias labregas. Eran avalistas dun empréstito estatal concedido por Primo de Rivera para construír o primeiro matadoiro industrial cooperativo de Galicia. Un ano despois, o diario El Compostelano recolle na súa edición do 24 de xullo a intervención da Miss no Mitin das Arengas celebrado na Praza da Quintana, xunto a Castelao, Bóveda, Suárez Picallo, Paz Andrade e Lugrís Freire, entre outros. Risco, Otero Pedrayo e Cunqueiro homenaxéana en Ourense; reúnese con agrupacións galeguistas de fóra do país... A súa implicación é innegable. Fernández Prieto considera que Emilia Docet “tiña unha posición política incontestable”.Ademais salienta “o seu apoio ao Estatuto, a defensa dos cooperativistas” e conclúe que “a súa participación no galeguismo do momento foi evidente e pública”.
Emilia Docet coa selección portuguesa nun partido en Vigo
Dos diarios de entón non só extraemos a participación de Emilia en actos progaleguistas; nas entrevistas, nas crónicas, atopamos xestos, acenos, que a conectan a unha ideoloxía afín a esta liña política. Ao comezo daquela interviú da que falabamos antes, por exemplo, a Emilia nótaselle un tanto molesta: vén de Cataluña,agotada da viaxe. Anoxada, afirma. “Xa vin a anécdota que publicastes do meu bico a Macià. Insisto en que Maciá é un símbolo. A Galicia faille falla, moitísima falla, un home como Macià”, dille ao xornalista. Con toda probabilidade Emilia refírese a Francesc Macià, un histórico do independentismo catalán.”


Pero se cadra, e se non eran abondo as proprias palabras de Docet sobre o seu ingreso no galeguismo, faltaban probas contundentes que certificasen a súa militancia galeguista. En 1933, La Voz, xornal madrileño, publicaba una nota cativa onde se anunciaba por parte do partido galeguista o ingreso no mesmo por parte da señorita Emilia Docet:



Anuncio do Mitin das Arengas
Ademais da xa coñecido Mitin das Arengas de 1934 onde dará un discurso acompañada de Mercedes Docampo e os líderes galeguistas máis importantes e a súa solidariedade pública cos labregos de O Porriño nun conflito social, Emilia Docet é recibida no Lar Gallego de Madrid por Castelao, Osorio Tafall e Vilar Ponte, como podemos comprobar neste documento da época:
É dicir, Emilia Docet militou en realidade no Partido Galeguista, no Grupo de Vigo, no que ingresou no ano 1933, e non foi unha simples casualidade derivada de relacións persoais. Lamentabelmente unha vez chegada a Guerra Civil, Emilia Docet abandonará ata a súa morte toda relación co galeguismo, e para limpar o seu expediente, doará sangue publicamente para os feridos do bando nacional. Pero esas son, sen dúbida, outras historias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario