lunes, 24 de febrero de 2014

Lugo 1931. O primeiro de Maio máis galeguista.

Primeiro de Maio. Lugo. 1931.



O día anunciaba Dianas e Alboradas na cidade. Dúas semanas antes, a república era proclamada. Ás once horas e un cuarto, diante do centro obreiro situado en Bispo Izquierdo, agora bautizado co nome, máis acorde cos novos tempos, de Pablo Iglesias, ateigábase a moitedume. A Banda Municipal e a Banda “La Lira” entoaron os primeiros compases desa canción en que todos pensamos e todo estaba soñado daquela forma. Carlos Vázquez Fernández-Pimentel e Ánxel Fole Quiroga falarían ao rematar a manifestación.  Carlos Pimentel lembrou a figura de Pablo Iglesias e o seu paso por Lugo, defendeu as novas incidencias históricas coa arte mesma que aprendera da súa familia. Ánxel Fole defendeu a República Federal e criticou o choemento do centralismo. O primeiro en representación do Partido Socialista, o segundo polo Partido Republicano Radical Socialista. O día rematou cunha xira campestre nas beiras do Miño. En decembro dese mesmo ano creábase o Partido Galeguista. En Lugo chegaría a superar os 150 afiliados. Un ano máis tarde Carlos Pimentel conseguiría traer a Castelao para facerlle unha homenaxe. Todo estaba soñado daquela forma. Sen embargo, cinco anos e uns cantos meses despois, Avelino López Otero, un dos redactores do estatuto galego, daba a vida tras unha malleira entre as paredes dun centro de detención fascista na praza maior de Lugo.

Carta de Carlos Pimentel 1932.

No hay comentarios:

Publicar un comentario